Sumicio: Espíritu caseño imaxinario e mitolóxico. A crenza de que existe en forma invisible e impalpable é común nas comarcas galegas, como igualmente en Asturias, onde a chaman sumiciu. Este ser fantástico ven sendo polas artes diabólicas unha especie de trasno que posúe a teima de se apoderar dos obxectos subrepticiamente, case no intre mesmo en que acaban de estar diante dos ollos e se necesitan usar, porque a súa única misión é a de se compracer en agocha-las cousas xusto cando fan máis falta.
Libro: Breviario enciclopédico, Eladio Rodríguez
Advertisement

