Sumicio

Sumicio: Espíritu caseño imaxinario e mitolóxico. A crenza de que existe en forma invisible e impalpable é común nas comarcas galegas, como igualmente en Asturias, onde a chaman sumiciu. Este ser fantástico ven sendo polas artes diabólicas unha especie de trasno que posúe a teima de se apoderar dos obxectos subrepticiamente, case no intre mesmo en que acaban de estar diante dos ollos e se necesitan usar, porque a súa única misión é a de se compracer en agocha-las cousas xusto cando fan máis falta.

Libro: Breviario enciclopédico, Eladio Rodríguez

Dejar un comentario

Archivado bajo Esquecedario

Erro ou crítica musical?

A Errata notable apareceu no Eco de la Revista (Periódico judicial, mercantil, literario y de variedades) un semanario da Coruña o 18 de xullo de 1852.

Dejar un comentario

Archivado bajo Xornais

De lavadoiros e petos

Meniña, ti e-lo demo,
que me andas atentando:
que no río, que na fonte,
sempre te encontro lavando.

· Poesía popular galega

Rexistrando a historia miuda alguén me fala dos miróns dos lavadoiros e dos pantalóns cos fondos dos petos rachados.

Dejar un comentario

Archivado bajo Sexo / Sexualidade

Ó Imperio do Brasil!

Publicidade do xornal coruñés El Telegrama (Político, comercial y de intereses materiales) con data do 16 de abril de 1889. Un engano?

Dejar un comentario

Archivado bajo Publicidade, Xornais

Dejar un comentario

Archivado bajo Esquecedario

Enlamados

Levabamos pantalón corto azul e camiseta e medias brancas porque todos tiñamos un na casa. Ainda así eramos o exercito de Pancho Villa de azul e branco: todos os tonos, a lonxitude das mangas e medias posibles. En campos de bandas enlamadas e puntos de penalti como o frente do Somme fixemos puntos a esgalla. Aproveitabamos os espazos onde non entran os xogadores con Adidas. Levabamos malleiras cando había bo tempo e cando non o había e chegabamos a casa victoriosos cas cores do St. Pauli. O equipo esvaiuse polo sumidoiro dos drenaxes novos nos campos de fútbol.

A imaxe corresponde a grada de Xeral de Riazor nun Depor-Athletic o 15 de febreiro de 1970. Mangueilla A vella e nobre Brigantium un fermoso blog de fotografías antigas da Coruña.

Dejar un comentario

Archivado bajo Esquecedario

Se quisese Hollywood os acordeóns tornarían

O conta Xurxo Souto nos Contos da Coruña:

Nos sesenta aparecen os órganos eléctricos e comenza a decadencia do acordeón.

Se lle hai que pór unha data concreta, a referencia é Esther Williams e a súa “Escola de sereas”. Nunha estraña reviravolta, a ondina de carnes poderosas, dende as súas piscinas douradas de California, estaba a pór o punto final ao esplendor dos acordeóns galegos. Evidentemente isto éche una anécdota. No filme aparecía unha versión do Tiko-Tiko ao piano que se fixo moi famosa. O público comenzouna a reclamar nas festas todas. No acordeón non se podía tocar, o seu teclado quedábase pequeno, e houbo que enchufar o órgano.

O acordeón rexurdirá:

Dejar un comentario

Archivado bajo Musica

A bailar no Samaín

Marion Mitchell, inglesa e filla de mineiro, comenzou a sua rolda de escándalos no 1964 o aparecer na estrea da pelicula London in the Raw cun vestido que desarroupaba os peitos. Foi en Londres (moito valor) pero en agosto (xa non tanto).

Requeriuna o cabaret pero ela procurou facer carreira na música e para alonxarse do seu pasado recente renomeouse Janie Jones. Seu maior éxito foi o Witches Brew que chegou a número 45 nas listas de singles do Reino Unido. A partires de ahi sua carreira convértese en algo mais oscuro. No 67 e xulgada por chantaxear a un home, supostamente por participar nunha orxía, e por levar un burdel, ainda que de ambolos dous xuizos sae absolta. No 73 as cousas non saen tan ben e caenlle sete anos polo delito de pagar con sexo as emisións de certas cancións na BBC Radio One e pola sua actividade de madame. O xuíz ca condenou considerouna a muller maís ruín e malvada que pasara polo seu tribunal. Estivo na cadea cinco anos. O sair agardaba de novo a fama en forma de canción, o primeiro tema do album debut dun grupo de punk-rock levaba seu nome. Paso a Janie Jones e os The Clash:

Máis? Breve biografia de Janie Jones e outra non tan curta.

Dejar un comentario

Archivado bajo Musica